Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

volver

PRESUPUESTO DE TESORERÍA PRESUPUESTO DE TESORERÍA

Publicado por ADPFC el

 RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DELEGADO DE FACENDA

 Logo de ver o informe proposta da Tesoureira municipal (TES14I06O) así como o Anexo 1 que se incorpora a dito informe e  que transcrito literalmente di :

INFORME PROPOSTA DA TESOURERÍA MUNICIPAL

ASUNTO.- ORZAMENTO DE TESOURERÍA  DO EXERCIZO 2020

 

1.-INTRODUCCIÓN

O orzamento de tesourería é un instrumento de  planificación da tesourería na que se expresan as previsións de  execución do orzamento económico de gastos e  ingresos  en termos de fluxo de  efectivo de caixa, así como as necesidades ou excedentes de financiación. E un documento de carácter obrigatorio que debe elaborarse todos os anos unha vez aprobado o orzamento.

 

Este documento sirve para xestionar os  fondos municipais de maneira que permita satisfacer puntualmente as obrigas de pago, que garantice o prazo máximo que  fixa a normativa sobre morosidade e, con especial atención,  a previsión de pagos dos xuros de intereses e capital da débeda pública (DA 4ª LOEPSF).

 

Ö artigo 5 do RD 128/2018, de 16 de marzo, sobre réxime xurídico dos funcionarios con  habilitación de carácter nacional das Corporacíóns  Locais,  atribúe á Tesourería “  la formación de los planes, calendarios  y presupuestos de tesorería, distribuyendo en el tiempo las disponibilidades dinerarias de la Entidad para la puntual satisfacción de sus obligaciones, atendiendo a las prioridades legalmente establecidas, conforme  a las directrices marcadas por la Corporación, que incluirán  información relativa a la previsión de pagos a proveedores de forma que se garantice el cumplimiento del plazo máximo   que fija la normativa de morosidad.”

 

A  Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro,  pola que se desenrolan as  obrigas de suministro de información  previstas na Lei 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade financieira, establece a obriga de  facer plans de tesourería e de remitir trimestralmente o plan ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Dita remisión realízase a través da Oficina Virtual de Coordinación coas Entidades Locais (OVEL) e o envío e captura da información   efectúase a través de  modelos normalizados pola intervención municipal.

 

2.-METODOLOXIA

O documento realiza unha previsión   de cuantificación dos  fluxos de entrada e saída de  fondos con carácter mensual, dende xaneiro a decembro de 2020, tomando como  punto de partida o saldo  existente a 1 de xaneiro.

 

3.-PREVISIÓNS DE INGRESOS: RECADACIÓN ESTIMADA, ANO 2020

a)    Ingresos  tributarios e prezos públicos

Actualmente o Concello de Narón ten delegada na Deputación Provincial de A Coruña:

-A xestión,   e recadación voluntaria e executiva do IBI, IAE, IVTM.

-A recadación voluntaria e executiva das sancións por infracción da Lei de Tráfico, circulación e vehículos a motor e taxa por entrada e saída de vehículos a través da vía pública.

-A recadación en periodo executivo  de tributos, prezos públicos ou calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de  periodicidade inferior ao ano.

Polo tanto, a estimación da recadación  dos  ingresos que foron obxeto de delegación ( xa se trate da recadación  voluntaria/executiva) realizouse  en base á información contida  na  previsión da liquidación definitiva do exercizo 2019  (e da que neste intre non se dispón información),   o importe das entregas a conta dos conceptos  entregables,   as liquidacións provisionais trimestrais  dos conceptos non entregables.  Para dito cálculo, tomouse como referencia a información xa suministrada  así como  a do exercicio  precedente.

 

No referente ao IIVTNU, tívose en conta unha previsión de recadación ( exercizos correntes e pechados  ) de 608.455 €. Para elo,  considerouse o importe da recadación neta do exercicio 2019 (584.000 €)  lixeiramente incrementada en previsión de que  ao longo deste exercizo  diminúan as devolucións de ingreso deste concepto;  así como  a previsión   dos datos da liquidación definitiva da recadación ( considerando para elo a  información do  exercizo precedente), e finalmente,  a  cuantificación duns  ingresos de 8.000 € e 7.955 € nos meses de xullo e  decembro, respectivamente  procedentes da recadación executiva.

 

No que se refire á taxa por recollida de residuos sólidos urbanos,  considerando  o contido do contrato de servicios  formalizado coa empresa COSMA, SA,  estimouse unha recadación total de 2.808.619,00  € tomando, a estos efectos, os importe previsto da recadación en periodo voluntario ( segundo as porcentaxes de  recadación ) así como  os ingresos do periodo executivo.

 

En resumo, as previsións de recadación ( de exercizo corrente e  pechados) realizouse  aplicando un principio de prudencia, tomando como referencia os datos  segundo o ingresos xa materializados así como  a información da recadación  do exercicio  precedente.

 

b)    Participación  en  tributos do  Estado e Fondo de Cooperación Local

Os ingresos pola Participación nos Tributos do Estado, segundo a  prórroga da Lei de Orzamentos Xerais do Estado do 2018 (   coas minoracións polas devolucións  das liquidacións  negativas dos exercizos 2008,  2009 e 2017 ),  sitúánse en 8.396.829,16 €.

Os ingresos do fondo de Cooperación  Local,  cuantifícase en  1.164.024,00 € para o ano 2020, considerando os importes das entregas a conta  así como da liquidación defintiva do 2019.

 

c)    Outras transferencias correntes e de capital

Os cobros  polos conceptos de outras transferencias correntes e de capital ( capítulos IV e VII, respectivamente), procedentes ,fundamentalmente, de  transferencias da Xunta de Galicia e Deputación Provincial de A Coruña, realízase en un escenario de prudencia,  cuantificándose en 2.345.880,75 € as transferencias correntes e  en 573.588,50 € as de capital.

 

d)    Ingresos patrimoniais capítulo V

Estimáronse ingresos por este concepto ( alugueres,  cánones concesionales, xuros, etc)  por importe de 67.707,80 €, tendo en conta a estos  efectos os contratos  formalizados pola entidade.

 

e)    Ingresos capítulos VIII e IX

Cuantificáronse os cobros  do capítulo VIII ( reintegros de adiantos ao personal municipal) en   10.800 € anuais.

Estimáronse ingresos  derivados dos préstamos formalizados  coa Deputación Provincial de A  Coruña  (préstamos POS+ 2017 e POS +2018) en 592.198,71 €.

 

4.-PREVISIÓNS DE  GASTOS (PAGOS), EXERCIZO 2020.

 

a) Gastos de personal.

As estimacións dos pagos do capítulo I para o exercizo 2020 realízaronse  na línea dos pagos realizados no 2019   co incremento   previstos no Real Decreto-lei 2/2020, de 21 de xaneiro de 2020, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no  ámbito del sector público (BOE 22  de xaneiro de 2020)  polo que se  aproba o incremento nas retribucións no ámbito do sector público con efectos desde o 1 de xaneiro de 2020,cuantificándose en 9.832.062,00 €. Inclúense, os gastos salariais do personal, cota patronal da Seguridade Social, seguros do personal e gastos de acción social do personal municipal.

 

b) Gastos en bens correntes e servizos, capítulo II.

As  previsións  dos pagos  realizouse tendo en conta  a seguinte información:

En  canto á débeda comercial a 31/12/2019, tomouse como referencia o saldo da conta  413 a 31/12/2019    na que se inclúen facturas  que  foron  obxeto do recoñecemento extraxudicial de crédito   aprobado  polo Pleno en sesión de 27.02.2020  por importe de 666.976,30 €. Tamén se  tivo en conta, aquelas facturas  que (  non figurando na  conta 413 a 31.12.2019) sí se atopaban  anotadas no Rexistro  contable de facturas sen conformidade  do órgano xestor a  esa data e que, previsiblemente, serán obxeto dun novo   expediente  de recoñecemento extraxudicial de crédito  nos próximos meses (276.055,58 €).

Igualmente, tívose en conta o importe das  facturas contabilizadas  e pendentes de pago  a 31/12/2019 segundo a información  suministrada pola contabilidade, que ascenden á contía de  1.219.362,05 € e cuxo pago foi realizado, nos meses de xaneiro e febreiro.

Segundo a información   arroxada pola contabilidade no exercizo  anterior,  o  grado de execución  dos pagos  sobre as obrigas recoñecidas  foi do 91%.  Considerando, asemade, que o grado de execución das obrigas se manteña en porcentaxes similares ao do  precedente  (87%),    estímase a realización de pagos no capítulo 2 de  13.602.462,98 € en 2020.

 

c) Capítulo III e IX, carga financieira ( gastos financieiros por  xuros mais amortización de capital).

No  ano 2019  non se prevé  a realización de ningún pago  en concepto de xuros e amortización de débeda, todo elo tendo en conta os  cadros de amortización das operacións crediticias  vivas na actualidade.

O importe máis destacable no capítulo III  afecta   á previsión dos custos  que ao longo do ano deberán de asumirse como consecuencia  da  repercusión   polas entidades  financieiras dos tipos de xuros  que están a pagar ao Banco Central Europeo polos depósitos bancarios   que  contemplan a cantidade de 30.000,00 €.

 

d) Transferencias correntes.

As  previsións de  pagos do capítulo  IV  ( Transferencias correntes) pola transferencia ao Padroado de Cultura   se estima en 1.685.730,00 €) para o exercizo 2020.

Os pagos  de exercizos pechados cuantifícanse en 95.288,30 €.

En canto aos restantes pagos deste capítulo,  tívose en conta   os datos  arroxados pola contabilidade municipal  en canto aos fluxos de pagos  dos conceptos 45,46,47 e 48. Cuantifícanse os pagos  por estos conceptos en 2.012.082,70 €.

 

e) Investimentos reais

En canto a previsión de pagos do capítulo de investimentos reais, e considerando a data de elaboración deste documento, o grado de execución dos investimentos consignados no orzamento  deste exercicio e  segundo a información que arroxa a liquidación do 2019,  a estimación realizouse  tomando como referencia os seguintes datos:

Pagos de exercicios pechados…………………………….573.697,00 €

Pagos de exercicio corrente………………………………..2.217.279,00 €

TOTAL PAGOS……………………………………   ……....2.790.976,00 €

 

f)Transferencias de capital

Prevese que os pagos por este concepto  importarán no ano 2020 32.750,00 €.

 

g)Activos financieiros

Estímase a realización de pagos por este concepto ( anticipos de nómina ao personal )  en 11.300,00 €.

 

5.-OPERACIÓNS NON ORZAMENTARIAS

As cantidades  contempladas por operacións non orzamentarias, tanto de cobros como de pagos son os seguintes:

a)Cobros non orzamentarios. Inclúense:

·         Importes  por IVE repercutido

·         Fianzas en metálico depositadas

b)Pagos non orzamentarios: Inclúense

·         Pago a AEAT polas retencións mensuais, trimestrais  por IRPF de rendas do traballo, rendementos profesionais e arrendamentos urbanos

·         Pago a Seguridade Social das cotas mensuais dos empregados por seguros sociais

·         Pago  á facenda pública por IVE repercutido

·         Devolución de fianzas en metálico

A cuantificación das previsións de ingresos/pagos para o 2020 son as seguintes:

Cobros  non presupostarios……………………..83.551,00 €

Pagos non presupostarios………………..……..1.914.600,00 €

 

6.-SITUACIÓN DA TESOURERÍA

-Previsión dun  mínimo de tesourería mensual.  O plan de tesourería contempla a  necesidade de dispoñer dun mínimo de tesourería mensual que  garantice o pago mensual dos  vencementos de débedas financieiras con especial previsión dos pagos de  xuros e capital  da débeda pública, o pago mensual dos gastos de personal  e cotas da seguridade social.

No anexo I  detállase o plan de tesourería coas previsións e evolución  de cobros e pagos orzamentarios  mensuais para cada  un dos capítulos  así como a previsión de cobros e pagos non  orzamentarios.

Por todo o anterior,  preséntase o presente    orzamento  de tesourería  do exercizo 2020 para a súa aprobación polo Concelleiro delegado de Facenda.”

 

Esta concellería delegada, en uso das facultades atribuidas pola lexislación vixente, resolve:

1º.- Aprobar a proposta transcrita nos seus propios termos.

 

_________

RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DELEGADO DE FACENDA

 

Logo de  ver o informe  proposta da Tesoureira  municipal (TES14I072) visto pola Intervención e que  transcrito literalmente di: “ INFORME PROPOSTA DA TESOURERÍA

ASUNTO: PLAN DE DISPOSICIÓN DE FONDOS DO CONCELLO DE NARÓN

 

Normativa aplicable

-Art. 187, RDL 2/2004, de 5 de marzo,  polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das FAcendas Locais.

-Art. 196.1 a) RDL 2/2004, de 5 de marzo, ,  polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

-Art. 65.2 Real Decreto 500/1990, de 20 de abril,  polo que se desenvolve o  capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Bases do Réxime Local.

-Art. 71 Lei 39/2015, de 1 de outubro,  de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

-Art. 133.g Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

-Art. 14 LO 2/2012, de27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financieira.

-Art. 135 Constitución Española

-Artigo 107, Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria.

 

Informe

Primeiro: Unha vez recoñecidas as obrigas, a Tesourería municipal é a unidade administrativa  encargada competente,  pola súa propia natureza e no exercizo das funcións legalmente encomendadas no art. 196.1 a) do RDL 2/2004, de 5 de marzo,  para xestionar os pagos,   propoñendo a realización destos e debendo respectar,  nese procedemento,  as pautas  establecidas no plan de disposición de fondos, se é que existe,  ou a orde de antigüidade no  nacemento do dereito ao proveedor.

 

O pago, xa sexa na súa fase de ordenación  formal como na súa materialización, é un acto administrativo de execución onde non debe de existir arbitrariedade algunha; o pago é o último trámite no procedemento de execución do gasto ou por operacións non orzamentarias.

 

No suposto de que a Tesourería  faga fronte ás obrigas recoñecidas no prazo máximo previsto no  artigo 198 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público e artigo 4 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade  nas operacións comerciais, o  prazo de pago que deben  cumprir o debedor,  será de trinta días naturais  despois da data de recepción das mercadorías ou prestación dos servizos, ou cando recibise  a factura ou solicitude de pago equivalente con anterioridade.

 

O artigo 4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financieira,  establece que existe sustentabilidade da débeda comercial cando o periodo medio de pago aos proveedores non supere o  prazo máximo   previsto na normativa de morosidade.

 

O artigo 187 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece que a expedición das ordes de pago terá que acomodarse ao plan de disposición de fondos. Se non existe limitacións de liquidez, a expedición das ordes de pago,  non hai que  acomódalas ao contido do plan de disposición de fondos,  xa que a Tesourería fai fronte á  totalidade das relacións de pago.

 

En relación coa prelación, os fondos líquidos  medios ao longo do ano que mantén o Concello, permiten  facer fronte a todas as relacións de pagos que se  remiten pola Intervención á Tesourería  para o seu pago, cunha execución  que queda limitada ao cumprimento dos procedementos de recollida de sinaturas,  consulta de dereitos pendentes de cobro en periodo executivo para a súa compensación e, nun   futuro próximo, a consulta na sede electrónica da Axencia Tributaria da verificación  ou non de procedementos de embargo non notificados.

 

Os datos do último periodo medio de pago a proveedores ( 4º trimestre de 2019) foi de 25,28 días.

 

Por todo o exposto anteriormente, esta Tesourería , de conformidade co previsto no artigo 175 do RD 2568/1986,  de 28 de novembro, eleva  ao concelleiro delegado de Facenda a seguinte proposta de acordo:

 

1º.- Aprobar o plan de disposición de fondos do Concello de Narón co seguinte  contido literal:

 

PLAN DE DISPOSICIÓN DE FONDOS DO CONCELLO DE NARÓN

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, no seu artigo 187 contempla a existencia con carácter obrigatorio do Plan de disposición de fondos, ao dispoñer que a expedición das  ordes de pago  acomodaranse ao plan de disposición de fondos da  tesourería que se estableza polo Presidente que, en todo caso,  deberá de recoller a prioridade dos  gastos de   personal e  das obrigas contraídas en exercizos anteriores.

 

O artigo 135 da Constitución Española, cuxa modificación  foi aprobada  no Boletín Oficial do  Estado  nº 233 de 27 de  setembro de 2011, establece o seguinte: “ 3. El Estado y las Comunidades Autónomas habrán de estar autorizados por ley para emitir deuda pública o contraer crédito. Los créditos para satisfacer los intereses  y el capital de la deuda pública de las Administraciones se entenderán siempre  incluidos en el  estado de gastos de sus presupuestos y su pago gozará de prioridad absoluta. Estos créditos no podrán  ser objeto de enmienda o modificación mientras se ajusten a las condiciones de  la  ley de emisión.” En igual sentido, se pronuncia o artigo 14 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financieira.

 

O artigo 65.2 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril,  prevé que o plan de disposición de fondos considerará aqueles factores que faciliten unha eficiente e eficaz xestión  da Tesourería da Entidade e recollerá  necesariamente a prioridade dos gastos de personal e das obrigas contraídas  en  exercizos anteriores. No seu apartado 1, este artigo 65 indica que o propio plan  determinará a súa vixencia.

 

O artigo 107 da Lei Xeral Orzamentaria, de aplicación ás Entidades Locais  pola remisión contida no artigo 194.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das  Facendas Locais, dispón que na expedición das ordes de pago  se aplicarán criterios obxetivos, tales como a data de recepción, o importe da operación, aplicación orzamentaria, e forma de pago, entre outros.

 

Asi pois, o Plan de Disposición de Fondos é un instrumento necesario para a xestión da Tesourería local.

 

O Real Decreto 424/2017, de 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico de control interno nas entidades do Sector Público Local no seu artigo 21  “De la intervención formal de la ordenación del pago, objeto y contenido”  establece que a acomodación das  ordes de pago ao plan de disposición de fondos se verificará pola Intervención municipal mediante o exame e do propio plan de disposición de fondos ou do informe que ao respecto emita a  Tesourería da entidade.

 

Dacordo co  previsto no artigo 196.1 a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a xestión dos fondos integrantes da Tesourería realizarase baixo  o principio de unidade de caixa coa centralización de todos os fondos e valores xerados por operacións orzamentarias e  non orzamentarias.

 

Conforme ao previsto no artigo 131 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,  o Plan de Disposición de Fondos entrará en  vigor trala súa publicación no Boletín  Oficial da Provincia.

 

O plan manterá a súa vixencia  en tanto non se proceda á súa modificación,  derrogación ou á aprobación dun novo plan.

 

ÁMBITO DE APLICACIÓN E VIXENCIA

O  presente Plan de Disposición de Fondos resulta de aplicación ao Concello de Narón e  permanecerá en vigor ata que se produza a súa modificación expresa, derrogación ou aprobación dun  novo plan.

 

PRINCIPIOS XERAIS

1.O Plan de Disposición de Fondos ten a súa base no  presuposto de tesourería  o cal será elaborado anualmente e actualizado de forma periódica.

 

A previsión  de ingresos sobre a que  opera o Plan de disposición de fondos son as comunicadas trimestralmente ao Ministerio de Facenda a través da Oficina Virtual de Coordinación coas Entidades Locais.

 

O plan de disposición de fondos non é un orzamento de tesourería ou de caixa, senón un instrumento de planificación dos pagos que han de producirse durante o exercizo, segundo as dispoñibilidades  da Tesourería, dacordo  cos fluxos de ingresos, e que poderá ser revisado ao longo do exercizo en función das modificacións  producidas nas dispoñibilidades líquidas efectivas ou previstas da Tesourería. Refírese a tal  orzamento de tesourería  ou de caixa,  baixo a denominación de “plan financiero” o artigo 133 g) da Lei de Bases do Réxime Local cando establece que: “  a xestión económico financieira axustarase aos seguintes criterios: A administración e rentabilización dos excedentes líquidos e a concertación das operacións de tesourería realizaranse dacordo coas bases de execución do orzamento e o plan  financiero aprobado.”

 

2.O Plan de Disposición de Fondos ten  por obxeto  lograr unha adecuada  distribución temporal dos pagos acomodándoos  ás disponibilidades de efectivo  da Tesourería que permita unha correcta estimación  das necesidades de endebedamento e  a optimización dos recursos dispoñibles.

 

3.A xestión dos  fondos integrantes da Tesourería  realizarase baixo o principio de  unidade  de caixa coa centralización de todos os  fondos e valores xerados por operacións  orzamentarias e non orzamentarias empregando todos os recursos disponibles  para o pago de obrigas.

 

4.O plan de disposición de fondos poderá ser  revisado ao longo do exercizo en  función das modificacións  producidas nas disponibilidades líquidas efectivas ou previstas  na Tesourería.

 

ORDENACIÓN DOS PAGOS  E EXECUCIÓN MATERIAL

1.Os pagos  de natureza non orzamentaria e os pagos   orzamentarios por execución do orzamento de gastos  ordenaranse  atendendo  á data de recoñecemento da obriga correspondente, dada a necesaria execución  presupostaria dos mesmos en función dos respectivos devengos.

Calesqueira que sexa a orde de prelación que  según este Plan correspondera ao pago,  ordenaranse os pagos para que se realicen en data anterior á finalización do prazo previsto na normativa do periodo medio de pago e de morosidade.

 

2.Os pagos efectuados deberán de contar coa previa aprobación  do órgano competente e se acompañarán dos documentos contables debidamente fiscalizados pola Intervención  municipal.

 

3.Sempre que elo sexa posible, e  non medien razón en contra,  a execución material dos pagos realizarase por transferencia bancaria a través de ficheiros informáticos.

 

4.Corresponde ao Tesoureiro/a da Corporación determinar a conta corrente con cargo á cal se realizarán as ordes de pago,  tendo en conta os criterios de máxima rendabilidade  da tesourería e eficacia na xestión, con excepción daquelas obrigas que deban satisfacerse por contas diferenciadas por así vir establecido en  normativas específicas que resulten de aplicación.

 

5. Unha vez ordenado un pago, este  deberá de atenderse pola Tesourería  municipal en función  das disponibilidades de liquidez. Se por calesqueira circunstancia non se desexa que se faga efectivo,  será necesario  informe ou dilixencia do ordenador de pagos, coa motivación necesaria en tal sentido.

 

6. Salvo supostos de compensación, embargos  e outros casos legalmente contemplados,  a Tesourería non realizará pagos parciales de facturas.

 

7. O artigo 65.2 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril,  establece que no Plan de Disposición de Fondos poderanse adoptar medidas  que faciliten unha eficiente e eficaz  xestión  da Tesourería da entidade.  Con base no devandito precepto e no disposto na Instrucción de contabilidade da Administración Local ( aprobada por Orden HAP/1781/2013, de 20 de setembro,  pola que se  aproba a Instrucción do modelo normal de contabilidade local, regla 36) que establece que os documentos contables deixan de estar normalizados e estes estableceranse por cada entidade local en función das súas necesidades de información e da operatoria que siga na tramitación dos diferentes tipos de operacións,  estímase que,  desaparecendo a fase contable P, xa non é preciso expedir a “P” como documento contable que  recolla a orde  de pago. O acto administrativo da ordenación do pago, salvo supostos excepcionais,  materializarase en  relacións de ordes de pago que recollerán a información do importe bruto e líquido de cada  operación incluida nas devanditas relacións, as retencións correspondentes, a identificación do acreedor, a descripción da operación e a aplicación orzamentaria á que se imputan as obrigas económicas que previamente foron recoñecidas na súa correspondente  fase contable.

 

8. Como regla xeral,  e  en función da operativa que marque a  Tesourería municipal por razón sistemáticas e de operatividade , realizaranse  pagos de  forma colectiva,  coa periodicidade que tal  dependencia estableza, tentando,  sempre que as dipoñibilidades  de liquidez o permitan, cumprir cos prazos  legais establecidos, sen perxuizo dos pagos que  teñan que atenderse e  tramitarse de modo individual.

 

9. A Intervención  finalizará fiscalizando a fase O, e  unha vez asinados electrónicamente os documentos contables, as relacións de obrigas   ou  operacións individuais ( orzamentarias e non orzamentarias)  trasladaranse  electrónicamente á Tesourería a cal irá expedindo as propostas de pago en función  do previsto no presente Plan.

 

10.Considerarase que non existe alteración  na orde de prelación de pagos, ou polo menos esta non será achacable ao Concello,  nin será preciso manifestala  nos informes que se emitan, no caso de que queden obrigas pendentes de pago na Tesourería municipal por causas imputables aos terceiros interesados ( non xustificar atoparse ao corrente  de obrigas fiscais e coa Seguridade Social,  cumprimento non atendido de calesqueira outro requisito ( fichas de terceiros, comunicación tipo reducido IRPF, etc).

 

ORDE XERAL DE PRELACIÓN DE PAGOS

Con carácter xeral, a Tesourería disporá dos fondos precisos para atender as obrigas recoñecidas ( orzamentarias e non  orzamentarias) nas datas previstas pola lei para garantir o cumprimento dos prazos  legais de loita contra a morosidade e  cumprimento do periodo medio de pago.

 

A orde xeral  de prioridade de pagos é  a seguinte:

1.     Débeda financieira e xuros.

2.     Gastos de personal

3.     Obrigas de exercizos anteriores

4.     En execución do orzamento corrente, por orde de antigüedade.

A orde de prioridade de pago de obrigas dentro de cada grupo homoxéneo será o de antigüedade. A antigüedade virá determinada, segundo os casos:

·         Nas obrigas soportadas en documentos que sexan obxeto de rexistro de entrada, e en particular, os pagos de obrigas por contraprestación  nas operacións comerciais realizadas entre empresas e a Administración ( facturas) pola data de presentación  e anotación nos devanditos documentos no Rexistro Contable de Facturas.

·         Nas obrigas soportadas en documentos que non se corresponda con débeda comercial,  e , en particular,  os pagos de obrigas derivadas de  gastos de subvencións e transferencias (capítulos 4 e 7), terase en conta a data do recoñecemento da obriga.

·         En canto ás certificacións de obra, como a mesma se adxunta coa factura,  a data de presentación e anotación no Rexistro Contable de Facturas.

·         Nas resolución xudiciais, a data desta, previa comunicación  á Administración e sempre que se dispoña de crédito  no Orzamento  para tal finalidade.

·         Para as restantes obrigas, estarase ao que dispoña a súa normativa.

Tendo en conta o  previsto no artigo 107.2 da Lei Xeral Orzamentaria, en canto á introducción da flexibilidade que o mesmo realiza referente á expedición de ordes de pago establécese que:

 

-Cando se trate de   gastos  financiados con subvencións finalistas  nos que  o cobro das mesmas esté condicionado á xustificación  do pago dos citados gastos ou no caso de reintegro de subvencións cuxa xustificación sexa necesaria para a  obtención ou cobro doutras subvencións, poderase alterar o orde de prelación dos pagos coa exclusiva finalidade de  xustificar aqueles, respetando en todo caso os niveles 1,2 e 3 anteriores. Nestos casos, o órgano ou servizo xestor deberá de informar formalmente  á Tesourería.

 

-Cando resulte preciso  facer efectivos       gastos de publicacións en diarios oficiais ou outros medios de publicidade, inspeccións técnicas  e similares que resulten precisos para poder continuar o procedemento ou  cando resulte preciso o pago con carácter previo á prestación do servizo e este non poida ser demorado no tempo ao momento en que  corresponda o seu pago por aplicación da orde establecida,  poderase alterar a  orde de prelación de pagos , respetando en todo caso os niveles 1,2 e 3 anteriores. Nestos casos, o órgano ou servizo xestor deberá de informar formalmente  á Tesourería.

 

ORDE PRIORIZADO DE PAGOS

Cando non fora posible atender as  obrigas recoñecidas conforme á orde xeral de prelación de pagos,  estarase á seguinte orde  priorizada na atención das obrigas de pago:

 

1.     Gastos derivados da Débeda Pública,  entendende por tales  os xerados en concepto de cotas de amortización e xuros  das operacións de  crédito a  largo e corto prazo, así como os gastos que  deban satisfacerse en concepto de formalización,  estudio,cancelación e en xeral comisións de calesqueira especie e natureza derivadas deste tipo de operacións, así como os pagos que por calesqueira natureza deban afrontase.

2.     Gastos de personal, entenderase por gastos de personal os gastos  que se asenten e formalicen sobre  documentos de nómina, adiantos de retribucións,  gastos sociales e outros previstos no Convenio Colectivo e Acordo Regulador  que resulte de aplicación,  os pagos orzamentarios e non orzamentarios en concepto de cantidades retidas aos traballadores por impostos, ordes xudiciais e  administrativas, cotas sindicales e outras, así como os pagos  a conta da empresa por cotizacións á Seguridade Social en calesqueira dos seus rexímenes.

3.     Obrigas contraídas en exercizos anteriores As obrigas recoñecidas mediante recoñecemento extraxudicial de créditos se situarán na mesma posición  que os pagos por  operacións de exercizos anteriores,  por corresponder a exercizos xa pechados.

Inclúense neste nivel os pagos non orzamentarios  correspondentes a exercizos anteriores.

4.     Obrigas recoñecidas  computables no cálculo  do periodo medio de pagamento ( CAPÍTULOS 2 E 6) por orde do seu vencemento. Enténdese  incluidas neste grupo todas as obrigas recoñecidas, con independencia da súa aplicación orzamentaria ou non orzamentaria,  soportadas en facturas  que consten no correspondente rexistro así como as certificacións  mensuais de obra.

5.     Obrigas recoñecidas non computables no cálculo do periodo medio de pago, por orde de antigüedade. Enténdese incluidas neste  grupo o resto de obrigas recoñecidas, con independencia da súa aplicación orzamentaria ou non orzamentaria,  segundo orde cronolóxico contado dende a aprobación  da fase de recoñecemento da obriga.

Neste nivel inclúense os   pagos derivados por actos firmes de  devolución de ingresos indebidos.

NORMAS DE APLICACIÓN ESPECÍFICAS  NA ORDE PRIORIZADA DE PAGOS

1.Prioridades na ordenación e execución material dos  pagos.

A orde de prioridade do pago de obrigas dentro de cada grupo será o de antigüedade. A antigüedade virá determinada, con carácter xeral,  pola data de recoñecemento da obriga.

Tratándose  de resolución xudiciais, estarase á data de éstas.

 

2. Alteración da orde priorizada de pagos.

1.Tendo en conta o  previsto no artigo 107.2 da Lei Xeral Orzamentaria, en canto á introducción da flexibilidade que o mesmo realiza referente á expedición de ordes de pago,  e polo tanto,  na realización material do mesmo, ao estipular que: “ o ordenador de pagos aplicará criterios obxetivos na expedición de ordes de pago, tales como a data de recepción,  o importe da operación,  aplicación orzamentaria e  forma de pago, entre outros”; establécense os seguintes criterios  para flexibilizar as ordes de pago e a súa materialización.

 

Mediante resolución motivada  do ordenador de pagos , poderá alterarse a  orde  de prioridade establecido nos seguintes casos:

·         Cando sexa necesario realizar pagos  que se deriven do cumprimento de sentencias ou resolucións xudidiciais firmes.

·         Gastos que se consideren  esenciales  para o correcto funcionamento da actividade municipal ou  da prestación de servicios de competencia municipal,  relacionados no artigo 26.1 da Lei 7/1985, de 2  abril,  Reguladora das Bases do Réxime Local.

·         Gastos  financiados con subvencións  finalistas nos que o cobro das mesmas esté condicionado á xustificación do pagos dos citados gastos  ou no caso de reintegro  de subvencións  cuxa xustificación sexa necesaria  para a  obtención da concesión ou cobro doutras subvencións.

Nestos casos, o servizo xestor da subvención deberá  informar formalmente  desta circunstancia á Tesourería muncipal.

·         Cando resulte preciso  facer efectivos       gastos de publicacións en diarios oficiais ou outros medios de publicidade, inspeccións técnicas  e similares que resulten precisos para poder continuar o procedemento ou  cando resulte preciso o pago con carácter previo á prestación do servizo e este non poida ser demorado no tempo ao momento en que  corresponda o seu pago por aplicación da orde establecida.

·         Pagos a xustificar e constitución e reposición de anticipos de caixa fixa.

EXCEPCIÓNS

Quedan exceptuadas da aplicación do Plan de disposición de Fondos, sen que supoña unha quebra ao principio de prelación, os seguintes pagos:

·         Pagos en  formalización contable.

·         Os pagos de obrigas con orixe en  gastos con financiación afectada que, por disposición normativa,  a súa financiación constitúa  tesourería separada, por esixirse unha conta bancaria específica para os ingresos e pagos do proxecto.

·         As transferencias ao Organismo Autónomo  Padroado de Cultura do Concello de Narón.

·         Os  gastos de axudas de emerxencia social.

·         Pagos orixinados por actos de devolucións de  ingresos derivados da normativa do propio tributo e   pagos  por  devolucións de ingresos duplicados ou excesivos.”

 

Esta concellería delegada, en uso das facultades atribuidas pola lexislación vixente, resolve:

 

1º.- Aprobar a proposta transcrita nos seus  propios termos.