REGLAMENTO DE PROTOCOLO Y DISTINCIONES HONORÍFICAS DEL AYUNTAMIENTO DE NARÓN REGLAMENTO DE PROTOCOLO Y DISTINCIONES HONORÍFICAS DEL AYUNTAMIENTO DE NARÓN
Publicado por ADPFC
TEXTO DEL REGLAMENTO DE PROTOCOLO Y DISTINCIONES HONORÍFICAS DEL AYUNTAMIENTO DE NARÓN (BOP Nº 158 DE 21 DE AGOSTO DE 2018)
REGULAMENTO DE PROTOCOLO E DISTINCIÓNS HONORÍFICAS DO CONCELLO DE NARÓN |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
TÍTULO III.- DOS HONORES E AS DISTINCIÓNS
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Artigo 27º |
O presente título desenvolve a regulación dos requisitos e trámites precisos e necesarios para a concesión de honores e distincións que Corporación municipal de Narón acorde outorgar, de acordo co sinalado polos artigos 189 a 191 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CAPÍTULO PRIMEIRO
DAS DISTINCIÓNS EN XERAL
Artigo 28º |
As honras que o Concello de Narón poderá conceder para premiar especiais merecementos, beneficios sinalados ou servizos extraordinarios prestados ao municipio, serán os seguintes:
As distincións sinaladas con anterioridade son meramente honoríficas sen que en ningún caso reporten beneficios económicos ou administrativos.
|
Artigo 29º |
Coa única excepción do/da rei/raíña de España, ningunha das precedentes distincións ou honras, poderán ser outorgados a persoas que desempeñen altos cargos na Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma e respecto dos cales se atope a Corporación en relación de función ou servizo, en tanto subsistan estes motivos.
En todos os demais casos, a concesión das distincións honoríficas deberá de ir precedida do cumprimento das normas establecidas no presente regulamento.
|
CAPÍTULO SEGUNDO DOS TÍTULOS DE FILLO PREDILECTO E FILLO ADOPTIVO
|
|
Artigo 30º |
30.1 A concesión do título de fillo predilecto de Narón só poderá recaer en quen, sendo natural do municipio, destacara de xeito extraordinario polas súas calidades ou méritos persoais ou por servizos prestados en beneficio ou honra da cidade e que acadaran consideración indiscutible no concepto público.
30.2 A concesión do título de fillo adoptivo de Narón poderá outorgarse ás persoas que, sen ter nacido no municipio, reúnan as mesmas circunstancias que no apartado anterior.
30.3 Tanto o título de fillo predilecto como o de fillo adoptivo poderán ser concedidos a título póstumo, sempre e cando no/a finado/a concorreran os merecementos mencionados anteriormente.
|
Artigo 31º |
Os títulos de fillo predilecto e de fillo adoptivo, ambos de igual xerarquía, constitúen a maior distinción do Concello de Narón. A súa concesión farase sempre baixo a utilización de criterios moi restritivos. Terán carácter vitalicio e unha vez que resulten outorgados tres de cada un deles, non poderán concederse outros novos mentres vivan as persoas favorecidas, a menos que se trate dun suposto moi excepcional, a xuízo da Corporación, que deberá para tal fin declarar tal excepcionalidade de xeito expreso e con anterioridade, mediante acordo plenario adoptado en sesión extraordinaria e co voto favorable da maioría absoluta legal dos seus membros.
|
Artigo 32º |
1.- A concesión dos títulos de fillo predilecto e de fillo adoptivo será acordada polo Pleno da Corporación municipal, co voto favorable das dúas terceiras partes do número legal dos seus membros, a proposta da Alcaldía, e previa tramitación dun expediente no que deberán constar e resultar debidamente acreditados os merecementos que xustifiquen tales distincións honoríficas.
2.- Acordada a concesión de calquera dos títulos anteriores, a Alcaldía procederá, en sesión solemne, á formal entrega do diploma e da insignia que acrediten tal distinción.
3.- O expresado diploma estenderase nun pergamiño artístico e conterá, de xeito moi sucinto, os merecementos que xustifiquen a concesión. A insignia axustarase ao modelo aprobado dende a Alcaldía figurando nela, en todo caso, o escudo do Concello e a inscrición que proceda.
|
Artigo 33º |
As persoas a quen se concedan os títulos de Fillo predilecto ou de fillo adoptivo de Narón terán dereito a acompañar á Corporación municipal nos actos, eventos ou solemnidades que se celebren, previa invitación oficial da Alcaldía. |
CAPÍTULO TERCEIRO DA MEDALLA MUNICIPAL
|
|
Artigo 34º |
A medalla de Narón é unha recompensa municipal creada para premiar méritos extraordinarios que concorran en personalidades, entidades ou corporacións por ter prestados servizos á cidade ou terlle dispensado honras.
Para determinar en cada caso, a procedencia mesma da concesión e a categoría da medalla a outorgar, atenderase á cualificación e índole dos méritos e servizos prestados; á transcendencia do labor realizado en beneficio ou honra da cidade; e ás particulares circunstancias da persoa proposta para tal condecoración, prevalecendo sempre a calidade dos merecementos sobre o número destes.
A medalla terá dúas categorías:
Non poderá outorgarse máis dunha medalla de honra ao ano e o número total de medallas de honra concedidas non excederá o número de dez. Non existirá limitación ningunha para a concesión de medallas do Concello.
|
Artigo 35º |
O deseño da medalla de honra e da medalla do Concello, incorporará o escudo heráldico coas características determinadas no artigo 2 deste regulamento.
Estará sobre pergamiño con follas de loureiro en azur e debaixo de coroa real. Penderá de cordón trenzado en fíos de seda e de cor dourado.
A medalla de honra será de ouro.
A medalla do Concello será de prata dourada.
Ambas cun tamaño de 57 mm ao alto e 43 mm ao ancho.
|
Artigo 36º |
36.1 A concesión das medallas será competencia do Pleno municipal, debendo adoptarse tal acordo de concesión pola maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.
36.2 Cando a concesión das medallas se efectúe en favor de funcionarios/as municipais desta entidade, serán de aplicación ademais das normas establecidas neste regulamento, as contidas na lexislación vixente sobre funcionarios da Administración local. |
Artigo 37º |
A entrega material das medallas concedidas e dos diplomas que procedan, efectuarase nun acto solemne ao que asistirá toda a Corporación, así como todas aquelas personalidades que o departamento de protocolo considere oportuno. |
CAPÍTULO CUARTO DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE DISTINCIÓNS |
|
Artigo 38º |
38.1 A concesión de calquera das distincións a que se refire este regulamento requirirá a instrución previa do oportuno expediente administrativo no que se determinarán e cualificarán os méritos ou circunstancias que aconsellen a devandita concesión.
38.2 A incoación de tal expediente efectuarase por resolución da Alcaldía, ben por propia iniciativa; por requirimento dunha terceira parte do número legal de membros que integran a Corporación; ou con motivo da petición razoada doutro organismo oficial, entidade ou asociación de recoñecida solvencia. Se a proposta se refire a un/unha funcionario/a, estarase ao disposto no apartado 2 do artigo 36º deste regulamento.
38.3 Na resolución da Alcaldía designarase, de entre os/as funcionarios/as municipais, un/unha instrutor/a responsable da tramitación do expediente.
|
Artigo 39º |
39.1 O/a instrutor/a practicará cantas dilixencias considere oportunas e necesarias para investigar os méritos da persoa proposta para a distinción de que se trate, recadando igualmente canta información considere pertinente de cantas persoas ou representantes de entidades poidan subministrala, así como os antecedentes ou as referencias que axuden a esclarecer a investigación.
39.2 Rematada a fase de investigación, o instrutor formulará unha proposta motivada á Alcaldía que a someterá a ditame da Xunta de Portavoces. Unha vez ditaminada por ese órgano someterase a proposta ao Pleno, que adoptará o acordo que considere máis oportuno, cos réximes de maiorías anteriormente sinalados.
|
Artigo 40º |
40.1 Deberá reflectirse nun libro de rexistro, que estará a cargo da Secretaría Xeral do Concello, un extracto dos acordos da Corporación nos que se outorga calquera das distincións citadas.
40.2 O libro de rexistro estará dividido en tantas seccións como distincións honoríficas aparecen reguladas neste regulamento. En cada unha das seccións inscribiranse, por orde cronolóxica de concesión, os nomes e circunstancias persoais de cada un/unha dos/as favorecidos/as, a relación de méritos que motivaron a concesión, a data desta e, se é o caso, a do seu pasamento.
|
Artigo 41º |
41.1 O Concello poderá privar das distincións que son obxecto deste regulamento, calquera que fose a data da súa concesión, aos que incorran en faltas ou actuacións que aconsellen esta medida extrema e que suporá a súa cancelación do asento no libro de rexistro.
41.2 O acordo da Corporación (a adoptar co mesmo réxime de maiorías que o acto da concesión) no que se aprobe esta medida irá precedido do correspondente informe e proposta do xefe de Protocolo e será elevado pola Alcaldía para os efectos oportunos. |
Areas temáticas