Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

volver

PLAN NORMATIVO 2019 Plan Normativo 2019

Publicado por ADPFC el

 

1º.- OBJETO:

En virtud de lo dispuesto en el artículo 132 de la LPACAP y en la Directriz nº 4 de la Regulación de la participación ciudadana en la planificación, elaboración y evaluación de la normativa municipal en el Ayuntamiento de Narón, se hace público el Plan normativo del Concello de Narón para el ejercicio de 2019 aprobado por el Pleno municipal en la sesión celebrada el día 25 de octubre de 2018.

PLAN NORMATIVO DEL AYUNTAMIENTO DE NARÓN PARA 2019

O pasado 26 de outubro de 2017, en cumprimento das previsións establecidas nas propias directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, o Pleno municipal de Narón principiaba a tramitación do plan normativo para o exercicio de 2018, que incluía as previsións de actualización / ou nova redacción de diversos regulamentos e ordenanzas en varios sectores da actividade pública.

Tramitados os oportunos expedientes aprobatorios das mesmas – coa observancia dos trámites legalmente previstos (consulta Cidadá previa a súa redacción/elaboración dos borradores das disposicións normativas polos servicios municipais responsables/audiencia e información pública dos mesmos/redacción definitiva dos textos/aprobación plenaria inicial/exposición pública mediante anuncio no Boletín oficial da provincia/e aprobación e publicación definitivas) – procede neste intre dar cabal continuidade á tarefa iniciada e someter a aprobación plenaria antes do 31 de outubro deste ano, o documento comprensivo do Plan normativo para o vindeiro exercicio de 2019, no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, nese período temporal; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía municipal.

Tal e como se expoñía no acordo plenario ao inicio reseñado, a Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa calidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico; en tanto o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte.

Sinalábase igualmente que o obxectivo estratéxico destes Plans o constitúe a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigorosas, claras e útiles, sen perder de vista a estrita suxeición e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática. 

Polo exposto e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou conveniencia de aprobar novas disposicións ou modificar as normas vixentes requiriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante.

Á vista do anterior o Pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o 25 de outubro de 2018, acordou o seguinte:

 

PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2019, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación das seguintes normas xurídicas ou a modificación das actualmente en vigor:

 

ORDENANZAS E REGULAMENTOS

A.- Departamento de Socio comunitario.

o   INICIATIVA: Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Narón.

Preténdese modificar o actual Regulamento aprobado polo Pleno municipal nunha sesión celebrada o 26 de febreiro de 2009, a fin de adaptalo á nova realidade normativa do último lustro, previndo igualmente a incorporación e efectiva regulamentación dos mecanismos novidosos que habiliten unha participación real da cidadanía naronesa na intervención da xestión pública do noso municipio.

B.- Departamento de Organización, RRHH e Patrimonio

o   INICIATIVA: Regulamento de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón

Preténdese modificar o actual Regulamento de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón, aprobado polo concello pleno con data 28.04.2011 e publicado no BOP da Coruña nº 115 de data 17.06.2011, co obxectivo de mellorar a operativa do mesmo. Estanse a producir diversas disfuncións nos expedientes de nomeamentos e contratacións de persoal funcionario e laboral temporal, e con esta nova redacción intentarase corrixir as mesmas, facendo mais eficaz o proceso de chamamentos, evitar demoras innecesarias, así como sobre custos derivados de seleccións falidas. Todas estas medidas están orientadas a mellorar o servizo á cidadanía de Narón.

C.- Departamentos de Novas Tecnoloxías e Comunicación

INICIATIVA: Ordenanza para a regulación do uso de infraestruturas do Concello de Narón para servizos de banda ancha.

O obxecto desta Ordenanza é regular as condicións de uso das infraestruturas que dispón o Concello de Naron na zona rural, a fin de que as instalacións cumpran con todas as garantías de seguridade, saúde e impacto ambiental. Tamén é obxecto desta ordenanza o establecemento dun procedemento áxil de tramitación da preceptiva autorización municipal de funcionamento, en concordancia co establecido no artigo 30 (Dereito de ocupación do dominio público) da Lei Xeral de Telecomunicacións.

D.- Departamentos de Deportes

o   INICIATIVA: Estatutos do Padroado de Deportes.

Verificada a necesidade de adaptar a obsoleta regulamentación xurídica do Padroado (aprobada polo concello pleno de Narón, no mes xullo de 1989) á realidade orgánica do mesmo e dado o seu carácter evidentemente normativo, estímase pertinente a inclusión desta actuación dentro deste Plan anual, e mesmo aperturar aos diversos clubs e entidades deportivas e á propia veciñanza naronesa, un proceso participativo de debate no que se determine o particular encaixe daquel no seo da estrutura administrativa municipal.

SEGUNDO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017.

TERCEIRO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.

 

 

 

ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL PLAN NORMATIVO 2019

·         Reglamento de Participación Ciudadana del Concello de Narón

·         Reglamento de selección de personal funcionario interino y laboral temporal del Concello de Narón

·         Ordenanza para la regulación del uso de infraestructuras del Concello de Narón para servicios de banda ancha

·         Estatutos del Patronato de Deportes

 

ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA PLAN NORMATIVO 2019

·         Reglamento de selección de personal funcionario interino y laboral temporal del Concello de Narón

·         Ordenanza para la regulación del uso de infraestructuras del Concello de Narón para servicios de banda ancha

 ·         Estatutos del Patronato de Deportes

 

·         Reglamento de Participación Ciudadana del Concello de Narón