Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

Plan normativo del Ayuntamiento de Narón 2022 Plan normativo do Concello de Narón - ano 2022

Publicado por SECRETARIA

1º.- OBXECTO:

En virtude do disposto no artigo 132 da LPACAP e na Directriz nº 4 da Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no Concello de Narón, faise público o Plan normativo do Concello de Narón para o exercicio de 2022 aprobado polo Pleno municipal na sesión celebrada o día 28 de outubro de 2021.

PLAN NORMATIVO DO CONCELLO DE NARÓN PARA 2022

A Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa calidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico;

en tanto o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte. 

En cumprimento desa normativa de das previsións establecidas nas directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, o Pleno municipal de Narón principiaba dende o 2018 a tramitación dos seus Plans normativos para os exercicios seguintes, que incluía as previsións de actualización / ou nova redacción de diversos regulamentos e ordenanzas en varios sectores da actividade pública. 

O obxectivo estratéxico destes Plans o constitúe a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigorosas, claras e útiles, sen perder de vista a estrita suxeición e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática.  

Neste intre procede dar cabal continuidade á tarefa iniciada e someter a aprobación plenaria antes do 31 de outubro deste ano, o documento comprensivo do Plan normativo para o vindeiro exercicio de 2021, no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, nese período temporal; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía municipal.

Polo exposto, e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou conveniencia de aprobar novas disposicións ou modificar as normas vixentes, requiriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante. 

Á vista do anterior o Pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2022, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación das seguintes normas xurídicas ou a modificación das actualmente en vigor: 

REGULAMENTOS E ORDENANZAS

A.- Departamento de TESOURERÍA

INICIATIVA: REGULAMENTO DA  CAIXA MUNICIPAL DE  GARANTÍAS E DEPÓSITOS DO CONCELLO DE NARÓN

O ordenamento xurídico  local xeral non regula expresamente  o funcionamento nin os procedementos que se deben seguir para a  constitución, xestión, prescrición e execución   das garantías  prestadas antes as entidades locais  nin a caixa de  garantías e depósitos municipal.

A través   da figura do regulamento  da caixa municipal de  garantías e depósitos do Concello de Narón  preténdese regular  os trámites  e procedementos  aplicables ás  garantías e depósitos que se depositen e  esixan   polo Concello de Narón e os seus organismos autónomos, mellorando así o  funcionamento da Administración en  beneficio dos seus cidadáns.

En definitiva, sendo  manifesto que toda a normativa existente  contense en normas de carácter estatal, xa sexan ditadas para a propia Administración do Estado como para a xeneralidade de Administracións Públicas, e que  non existe norma  estatal  ou autonómica sobre a materia adaptada á Administración Local,  é polo que, con esta disposición,  se  realiza un esforzo para  a adaptación desa normativa ao funcionamento e  características do  Concello de Narón,  entendendo ademais que  é o instrumento máis adecuado por canto  se dota da forza xurídica  necesaria para regular as  relacións con terceiros derivadas da operativa especificada no seu  ámbito obxectivo. 

B.- Departamento de URBANISMO

INICIATIVA: MODIFICACIÓN DA ACTUAL ORDENANZA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA NA EXECUCIÓN DE OBRAS E NO EXERCICIO DE ACTIVIDADES E SERVIZOS NO TERMO MUNICIPAL DE NARÓN

Coa modificación desta norma, publicada no BOP da Coruña núm. 2 do 03.01.20019, preténdese establecer unha regulación máis polo miúdo de determinados procedementos cuxa casuísta vaise diversificando co paso do tempo, en aras de fortalecer a seguridade xurídica, así como corrixir ou puntualizar determinadas redaccións do texto normativo que poden xeran dúbidas interpretativas. Todos estes cambios están orientados a mellorar e facer máis efectivo a servizo á cidadanía de Narón.

C.- Departamento de SERVIZOS DIXITAIS

INICIATIVA: MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE NARON

Preténdese a adaptación da Ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Narón do ano 2010, á Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; á Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público; ao Real Decreto 203/2021, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, así como ás capacidades organizativas e técnicas do propio Concello.

A actual Ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Narón, redactouse para dar cumprimento as necesidades existentes naqueles intres, e adaptarse á lei 7/2007, que autorizaba o uso de medios electrónicos.

Pola súa banda, as Leis 39/2015 e 40/2015 e o Real Decreto 203/2021, non só establecen que se podan realizar tramitacións  por medios electrónicos, senón que obrigan a que en determinados supostos  as devanditas tramitacións unicamente se realicen deste xeito.

Por outra banda, o Esquema Nacional de Seguridade regulado no RD 3/2010 (e modificado no RD 951/2015 ),establece as medidas de seguridade que ditas tramitacións deben contemplar. O referido  Esquema Nacional de Seguridade atópase, neste intres, en fase de proxecto de Real decreto para “adecua-lo á realidade imposta polo marco legal, á evolución tecnolóxica, ás novas ciberamenazas e os  seus actores, facilitando a súa implantación polas entidades do sector público e aquelas entidades do sector privado que colaboran coas mesmas no tratamento de información ou na prestación de servicios públicos.”

Todos estes cambios normativos obrigan a dar una nova redacción á “Ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Narón”, así como establecer novas medidas de uso e adaptación dos sistemas municipais de xeito que dita normativa perdure no tempo.

D.- Departamento de ESTATÍSTICA

INICIATIVA: MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE ROTULACIÓN DE VÍAS URBANAS, DISEMINADAS E NUMERACIÓN DE EDIFICIOS DO CONCELLO DE NARON

Dende o Negociado de Estatística proponse unha modificación da vixente Ordenanza de rotulación de vías urbanas, diseminadas e numeración de edificios (BOP núm.: 109, de 11 de xuño de 2012). As modificacións a introducir na Ordenanza especificada xiran en torno aos seguintes aspectos:

1.    Cómpre adaptar determinadas disposicións contidas no texto municipal ás normas emanadas non só da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, senón tamén do Real Decreto 203/2021 que desenvolve a actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.

2.    O apartado 14 da Resolución de 29 de abril de 2020, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución de 17 de febreiro de 2020, da Presidencia do INE e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se ditan instrucións técnicas aos concellos sobre xestión municipal (BOE, núm.: 122, de 2 de maio de 2020) tamén incorpora cuestión sobre Expedientes Territoriais que deberían figurar na Ordenanza.

3.    Sen prexuízo doutras modificacións de estilo ou lingüísticas sería conveniente facer referencia tamén á incorporación de datos territoriais que constan en Rexistros públicos, como o Catastro, e que sen dúbida teñen repercusión tanto no trameiro municipal como no Padrón de habitantes.

4.    O desenvolvemento dunha Cartografía municipal xeorreferenciada e de acceso público a través da web municipal tamén pode ser obxecto de regulación na devandita Ordenanza.

 

Así mesmo faise constar a previsión da aprobación da modificación de diversas ordenanzas fiscais para 2022, excluídas deste Plan.

SEGUNDO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017. 

TERCEIRO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.

Areas temáticas