A continuación infórmase á cidadanía de diversas cuestións relacionadas coa transparencia, a información pública e o acceso a esta.
Sobre a transparencia
Que regula a Lei de transparencia?
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (LTBG) prevé que información deben publicar as administracións públicas para coñecemento da cidadanía; como poden pedir aqueles información ás administracións e cales son as regras do bo goberno que deben respectar os responsables públicos.
A súa disposición final novena determina que a entrada en vigor desta lei se producirá para os órganos das comunidades autónomas e entidades locais no prazo máximo de dous anos dende a súa entrada en vigor (11 de decembro de 2015), para adaptarse ás obrigas contidas nela.
No ámbito autonómico, Galicia conta cunha normativa propia sobre a materia, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, que derrogou a normativa aprobada no ano 2006.
Pola súa banda, o Concello de Narón, para establecer as adaptacións oportunas daquela normativa á súa específica configuración e peculiaridades, prestou aprobación á Ordenanza municipal de transparencia, acceso á información pública, reutilización de datos e bo goberno, na sesión plenaria celebrada o 28 de xaneiro de 2016.
Que entidades están obrigadas a proporcionar información?
Todas as administracións públicas, entidades do sector público, órganos constitucionais (incluída a Casa da Súa Maxestade o Rei) e os seus equivalentes a nivel autonómico, así como fundacións do sector público, asociacións constituídas por administracións públicas ou sociedades mercantís con participación pública maioritaria, están obrigadas a cumprir a Lei de transparencia. É dicir, deben publicar a información que a lei menciona e, ademais, responder ás solicitudes de información que presenten os cidadáns.
Deberán tamén publicar a información prevista na lei entidades privadas como os partidos políticos, sindicatos, organizacións sindicais e outras entidades que perciban axudas públicas.
No caso do presente Portal da Transparencia, para os efectos que nos ocupan, publícase a información do Concello de Narón, de acordo coa ordenanza municipal anteriormente sinalada.
Así mesmo facúltase o enlace co organismo autónomo Padroado de Cultura e coa sociedade de economía mixta (maioritariamente pública) Compañía de Servicios Medioambientales do Atlántico, S.A., concesionaria dos servizos públicos de abastecemento e saneamento do termo municipal de Narón.
Que é o Portal da Transparencia do Concello de Narón?
É a plataforma pola que se poderá acceder á información do concello. Tamén conterá a información que os cidadáns soliciten con maior frecuencia en exercicio do dereito de acceso á información pública.
Que contén este portal?
O portal, de acordo co disposto pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.
Sobre a publicidade activa
Que é a publicidade activa?
É unha información agrupada nas categorías definidas na lei, que as administracións públicas deberán publicar de forma periódica e actualizada para garantir a transparencia da súa actividade.
Neste Portal da Transparencia facilítase o acceso da cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística prevista na lei correspondente a este Consistorio e os seus organismos dependentes ou participados.
Que información se publica no portal?
A lei regula a publicación das seguintes categorías de información no que se coñece como publicidade activa:
Información organizativa
Funcións que se desenvolven.
- Normativa de aplicación
- Estrutura: funcións e no seu caso organigrama.
Información de relevancia xurídica
- Normativa de aplicación destacada
- Normativa medioambiental e urbanística
- Normas xurídicas aprobadas polo Concello de Narón
- Documentos que deban ser sometidos a información pública
Información de contido económico
Entre outros,
- Contratos
- Convenios e encomendas de xestión
- Retribucións de altos cargos
- Subvencións e axudas públicas
- Orzamentos
- Contas anuais. Informes de auditoría de contas e de fiscalización
- Bens inmobles de propiedade municipal
Existe algunha restrición á publicación da información?
En efecto. Pode que a información non poida publicarse porque afecte a cuestións sensibles como a seguridade nacional, a defensa ou a protección de datos persoais. Nestes casos, deberá comprobarse se, verdadeiramente, a publicación afecta aos límites que a lei prevé ou, para o caso dos datos persoais, se estes poden eliminarse do documento que se publique.
Que ocorre se non atopo información no portal?
En principio, a información máis relevante para a cidadanía e de frecuente acceso estará dispoñible no portal de maneira accesible, reutilizable e interoperable. Se o interesado necesita máis información ou necesita máis detalle, entón, poderase acceder ao servizo de solicitude de información pública que é un dereito regulado pola Lei de transparencia e bo goberno. Este servizo atópase dispoñible no portal.
Que ocorre se non se cumpre coas obrigas de transparencia e non se publica a información?
No caso de Galicia, de acordo coa previsión establecida pola disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (a resolución da reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de deciembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo) os cidadáns poderán acudir ao citado órgano.
Sobre o dereito de acceso á información
Que é o dereito de acceso á información pública?
É o dereito de poder acceder á información pública nos termos previstos na Constitución - artigo 105.b)-, entendéndose como información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu soporte ou formato, que obren en poder da administración e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
Pódese pedir calquera información?
O dereito de acceso á información se atópase suxeito a certos límites que teñen como obxectivo protexer outros bens xurídicos que poden quedar desprotexidos se se dá a información. É dicir, os límites existen para protexer información que non debe ser pública porque, se o fose, podería danar a unha persoa ou ao interese público.
Estes límites están determinados na lei e son os seguintes:
- A seguridade nacional
- A defensa
- As relacións exteriores
- A seguridade pública
- A prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios
- A igualdade das partes nos procesos xudicialis e a tutela xudicial efectiva.
- As funcións administrativas de vixilancia, inspección e control.
- Os intereses económicos e comerciais.
- A política económica e monetaria.
- O secreto profesional e a propiedade intelectual e industrial.
- A garantía da confidencialidade ou o segredo requirido en procesos de toma de decisión.
- A protección do medio ambiente.
Como se aplican os límites?
O órgano ao que se lle solicita unha información cuxa publicación considera que pode prexudicar a algún dos límites deberá valorar se, efectivamente, se produce un dano se se prové esa información.
Por que existe protección de datos persoais?
Se a información solicitada contivese datos especialmente protexidos, o acceso unicamente se poderá autorizar no caso de que se contase co consentimiento expreso e por escrito do afectado.
Que é o acceso parcial?
Nos casos nos que se solicite información na que parte dela estea sometida a algunha causa de límite do dereito, admitirase parcialmente a solicitude e indicarase ao solicitante a información que fora sido omitida.