PLAN NORMATIVO AYUNTAMIENTO DE NARÓN 2024 PLAN NORMATIVO CONCELLO DE NARON
Publicado por ADPFC
1º.- OBXECTO:
En virtude do disposto no artigo 132 da LPACAP e na Directriz nº 4 da Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no Concello de Narón, faise público o Plan normativo do Concello de Narón para o exercicio de 2024 aprobado polo Pleno municipal na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2023.
PLAN NORMATIVO DO CONCELLO DE NARÓN PARA 2024
A Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa calidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico;
en tanto o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte.
En cumprimento desa normativa e das previsións establecidas nas directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, o Pleno municipal de Narón principiaba dende o 2018 a tramitación dos seus Plans normativos para os exercicios seguintes, que incluía as previsións de actualización / ou nova redacción de diversos regulamentos e ordenanzas en varios sectores da actividade pública.
O obxectivo estratéxico destes Plans o constitúe a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigorosas, claras e útiles, sen perder de vista a estrita suxeición e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática.
Neste intre procede dar cabal continuidade á tarefa iniciada e someter a aprobación plenaria, o documento comprensivo do Plan normativo para o vindeiro exercicio de 2024, no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, nese período temporal; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía municipal.
Polo exposto, e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou conveniencia de aprobar novas disposicións ou modificar as normas vixentes, requiriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante.
Á vista do anterior o Pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o 26 de outubro de 2023, acordou o seguinte:
PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2024, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación da seguinte norma xurídica, modificando a disposición actualmente en vigor:
ORDENANZA |
A.- Departamento de URBANISMO
INICIATIVA: MODIFICACIÓN ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS TERRAZAS DOS LOCAIS DE HOSTALARÍA DO CONCELLO DE NARÓN
Con esta actuación preténdese a modificación puntual de diversos artigos dese regulamento aprobado o 31 de outubro de 2019, coa finalidade de adaptalos á lexislación aprobada nos anos 2020 e 2021, en materia de nomeamentos interinos e contratos temporais nas Administracións Públicas.
Así mesmo faise constar a previsión da aprobación da modificación de diversas ordenanzas fiscais para 2024, excluídas deste Plan.
SEGUNDO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017.
TERCEIRO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.
Areas temáticas