Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

PLAN NORMATIVO MUNICIPAL AÑO 2026 PLAN NORMATIVO 2026

Publicado por ADPFC

1º.- OBXECTO:

En virtude do disposto no artigo 132 da LPACAP e na Directriz nº 4 da Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no Concello de Narón, faise público o Plan normativo do Concello de Narón para o exercicio de 2026 aprobado polo Pleno municipal na sesión celebrada o día 30 de outubro de 2026.

PLAN NORMATIVO DO CONCELLO DE NARÓN PARA 2026

A Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa calidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico;

en tanto o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte.

En cumprimento desa normativa e das previsións establecidas nas directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, o Pleno municipal de Narón principiaba dende o 2018 a tramitación dos seus Plans normativos para os exercicios seguintes, que incluía as previsións de actualización / ou nova redacción de diversos regulamentos e ordenanzas en varios sectores da actividade pública.

O obxectivo estratéxico destes Plans o constitúe a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigorosas, claras e útiles, sen perder de vista a estrita suxeición e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática. 

Neste intre procede dar cabal continuidade á tarefa iniciada e someter a aprobación plenaria, o documento comprensivo do Plan normativo para o vindeiro exercicio de 2025, no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, nese período temporal; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía municipal.

Polo exposto, e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou conveniencia de aprobar novas disposicións ou modificar as normas vixentes, requiriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante.

Á vista do anterior o Pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o 30 de outubro de 2025, deu a súa conformidade aos acordos seguintes: 

PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2026, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación das seguintes normas xurídicas, polas razóns que a continuación se expoñen: 

REGULAMENTOS

A.- Departamento de FESTAS

INICIATIVA: REGULAMENTO DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DO CONCELLO DE NARÓN

De acordo coa proposta presentada polo grupo municipal do BNG, Narón non conta cunha normativa reguladora para os espectáculos públicos e actividades recreativas. Por iso resulta oportuno e convinte establecer unha regulación desta materia, como ferramenta de apoio, que recolla os requisitos administrativos e as condicións técnicas e de seguridade necesarias para a realización das distintas actividades e para os distintos espazos onde se poidan levar a cabo, a fin de acadar unha maior axilidade e eficacia nese ámbito e a unificación procedemental daquelas.

 

B.- Departamento de DEPORTES

INICIATIVA: REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE NARÓN

Na actualidade Narón conta cun Regulamento de Réxime interior das instalacións deportivas, que foi aprobado polo Concello Pleno de Narón en data 2 de xuño de 1997. Nestes momentos, e dada a antigüidade do mesmo, resulta oportuno e convinte elaborar un novo Regulamento de Réxime interior de instalacións deportivas, que inclúa as novas instalacións executadas dende entón, así como tamén un apartado que regule a adxudicación de uso de instalacións deportivas. Así mesmo regularase o sistema de baixas para usuarios/as de actividades e clubs, que non asistan ás actividades o non fagan uso das instalacións, por un período superior a tres meses; así como das baixas polo impago de actividades e/ou horas concedidas.

 

Así mesmo faise constar a previsión da aprobación da modificación de diversas ordenanzas fiscais e outras normas de contido económico para 2026, excluídas deste Plan.

SEGUNDO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017. 

TERCEIRO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.

Areas temáticas