O artigo 15 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Diretivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, define o contrato de concesión de servicios como aquel en cuxa virtude un ou varios poderes adxudicadores encomendan a título oneroso a unha ou varias persoas, naturais ou xurídicas, a xestión dun servicio cuxa prestación sexa da súa titularidade ou competencia, e cuxa contrapartida veña constituída ben polo dereito a explotar os servicios obxecto do contrato ou ben polo devandito dereito acompañado do de percibir un precio; implicando o dereito de explotación dos servicios a transferencia ao concesionario do risco operacional.
Pola súa banda, o artigo 78 do Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais, suxeita a concesión administrativa demanial, tanto o uso privativo de bens de dominio público, como o seu uso anormal. En ambos os dous casos, as concesións outorgaranse tras unha licitación, de acordo cos artigos seguintes dese regulamento, e á normativa reguladora da contratación das corporacións locais.
Incorpóranse nesta carpeta as concesións de servizos outorgadas, e en vigor, polo Concello de Narón. Así mesmo, sinálanse as concesións demaniais sobre bens de dominio público.