O artigo 55 do TREBEP, recoñece á cidadanía o dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no citado Estatuto e no resto do ordenamento xurídico; debendo as administracións públicas, entidades e organismos aos que se refire o seu artigo 2, seleccionar ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como - entre outros - a publicidade das convocatorias e das súas bases.
Establécese un enlace á páxina web do Concello de Narón, no que se posibilita a busca, por ano, das bases reguladoras dos procesos selectivos e procedementos de provisión de postos de traballo, en curso, desta Administración.
BASES PROCESOS SELECTIVOS E DE PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO