O artigo 13 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Diretivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, define os contratos de obras como aqueles que teñen por obxecto:
a) A execución dunha obra, aislada ou conxuntamente coa redacción do proxecto, ou a realización de algún dos traballos enumerados no Anexo I; ou ben,
b) A realización, por calquera medio, dunha obra que cumpra os requisitos fixados pola entidade do sector público contratante que exerza unha influencia decisiva no tipo ou o proxecto da obra.
Por «obra» entenderase o resultado dun conxunto de traballos de construcción ou de inxeñería civil, destinado a cumprir por si mesmo unha función económica ou técnica, que teña por obxecto un ben inmoble.
Tamén considerarase «obra» a realización de traballos que modifiquen a forma ou substancia do terreo ou do seu vóo, ou de mellora do medio físico ou natural.
Publicítase aquí o enlace á web de contratación do Estado desde a que se pode acceder a estes contratos celebrados polo Concello de Narón.