A Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de maneira que todas as administracións públicas, nun exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común.
O período medio de pago definido no Real decreto 635/2014, do 25 de xullo, mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Esta medición con criterios estrictamente económicos pode tomar valor negativo, tanto nas operacións pagadas como nas pendentes de pago, se a administración paga antes de que transcorrisen trinta días naturais dende a presentación das facturas ou certificacións de obra ou se ao final do período para a remisión da información ainda non transcorrisen, nas operacións pendentes de pago, eses trinta días.
Inclúese o prazo medio do pago a provedores no Concello de Narón.
PMP (información facilitada por MINHAP)