O artigo 2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, entende por subvención, para os efectos desa norma, toda disposición dineraria realizada por calquera dos suxeitos contemplados no artigo 3 desa lei (entre os que se atopan as entidades que integran a Administración local, así como os organismos e demais entidades de dereito público con persoalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes de calquera das administracións públicas na medida en que as subvencións que outorguen sexan consecuencia do exercicio de potestades administrativas), a favor de persoas públicas ou privadas, e que cumpra os seguintes requisitos:
a) Que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios.
b) Que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, a execución dun proxecto, a realización dunha actividade, a adopción dun comportamento singular, xa realizados ou por desenvolver, ou a concorrencia dunha situación, debendo o beneficiario cumprir as obrigas materiais e formais que se establecesen.
c) Que o proxecto, a acción, conduta ou situación financiada teña por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública.
Non se atopan comprendidas no ámbito de aplicación desa disposición legal as achegas en diñeiro entre diferentes administracións públicas, para financiar globalmente a actividade da Administración á que vaian destinadas, e as que se realicen entre os distintos axentes dunha Administración cuxos orzamentos se integren nos presupostos xerais da administración á que pertenezcan, tanto se se destinan a financiar globalmente a súa actividade como á realización de actuacións concretas a desenvolver no marco das funcións que teña atribuídas, sempre que non resulten dunha convocatoria pública.
Tampouco estarán comprendidas no seu ámbito de aplicación as achegas en diñeiro que en concepto de cotas, tanto ordinarias como extraordinarias, realicen as entidades que integran a Administración local a favor das asociacións a que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Incorpóranse as subvencións concedidas ou outorgadas polo Concello de Narón en distintos ámbitos.