O artigo 75.1 da LBRL dispón que os membros das corporacións locais percibirán retribucións polo exercicio dos seus cargos cando os desempeñen con dedicación exclusiva, en cuxo caso serán dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, asumindo as corporacións o pago das cotas empresariais que corresponda, agás o disposto no artigo anterior. No suposto de tales retribucións, a súa percepción será incompatible coa doutras retribucións con cargo aos orzamentos das administracións públicas e dos entes, organismos ou empresas delas dependentes, así como para o desenvolvemento doutras actividades, todo iso nos termos da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
O número 2 do citado artigo prevé que os membros das corporacións locais que desempeñen os seus cargos con dedicación parcial por realizar funcións de presidencia, vicepresidencia ou exercer delegacións, ou desenvolver responsabilidades que así o requiran, percibirán retribucións polo tempo de dedicación efectiva a estas, en cuxo caso serán igualmente dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social en tal concepto, asumindo as Corporacións as cotas empresariais que corresponda, agás o disposto no artigo anterior. As devanditas retribucións non poderán superar en ningún caso os límites que se fixen, se é o caso, nas leis de presupostos xerais do Estado. Nos acordos plenarios de determinación dos cargos que leven aparellada esta dedicación parcial e das retribucións destes, deberase especificar o réxime da dedicación mínima necesaria para a percepción destas retribucións.
Os membros das corporacións locais que sexan persoal das administracións públicas e dos entes, organismos e empresas delas dependentes soamente poderán percibir retribucións pola súa dedicación parcial ás súas funcións fóra da súa xornada nos seus respectivos centros de traballo, nos termos sinalados no artigo 5 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, sen prexuízo do disposto no apartado sexto do meritado artigo.
O 75.3 sinala que soamente os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin dedicación parcial percibirán asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación da que formen parte, na contía sinalada polo Pleno desta; mentres que nos seus números 4, 5 e 6 determina:
4. Los miembros de las Corporaciones locales percibirán indemnizaciones por los gastos efectivos ocasionados en el ejercicio de su cargo, según las normas de aplicación general en las Administraciones públicas y las que en desarrollo de las mismas apruebe el pleno corporativo.
5. Las Corporaciones locales consignarán en sus presupuestos las retribuciones, indemnizaciones y asistencias a que se hace referencia en los cuatro números anteriores, dentro de los límites que con carácter general se establezcan, en su caso. Deberán publicarse íntegramente en el "Boletín Oficial" de la Provincia y fijarse en el tablón de anuncios de la Corporación los acuerdos plenarios referentes a retribuciones de los cargos con dedicación exclusiva y parcial y régimen de dedicación de estos últimos, indemnizaciones y asistencias, así como los acuerdos del Presidente de la Corporación determinando los miembros de la misma que realizarán sus funciones en régimen de dedicación exclusiva o parcial.
6. A efectos de lo dispuesto en el artículo 37.3.d) del Estatuto de los Trabajadores y en el artículo 30.2 de la Ley 30/1984, se entiende por tiempo indispensable para el desempeño del cargo electivo de una Corporación local, el necesario para la asistencia a las sesiones del pleno de la Corporación o de las Comisiones y atención a las Delegaciones de que forme parte o que desempeñe el interesado.”
Infórmase da contía das retribucións daqueles membros da Corporación que as perciben por contar con dedicación exclusiva ou parcial, así como as contías por asistencia aos órganos municipais.
RETRIBUCIÓNS E INDEMNIZACIÓNS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN