Para unha axeitada prestación das funcións propias e a mellor xestión dos servizos públicos e o cumprimento dos seus fins (ver artigos 85 e ss da LBRL), as entidades locais atópanse facultadas para crear entidades con personalidade xurídica propia, suxeitas ao dereito administrativo e/ou ao dereito privado. Nesta carpeta especifícanse os organismos autónomos e as sociedades municipais nos que participa o Concello de Narón e posibilítase o acceso por remisión ás súas páxinas web, para os efectos de dar cumprimento ás obrigas de transparencia que lles corresponde.
As devanditas entidades son:
- Padroado de Cultura:
- Sociedade mixta "Compañía de servicios medioambientales do Atlántico, S.A."