PLAN NORMATIVO 2023 PLAN NORMATIVA DO CONCELLO DE NARON - 2023
Publicado por ADPFC
1º.- OBXECTO:
En virtude do disposto no artigo 132 da LPACAP e na Directriz nº 4 da Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no Concello de Narón, faise público o Plan normativo do Concello de Narón para o exercicio de 2023 aprobado polo Pleno municipal na sesión celebrada o día 24 de novembro de 2022.
PLAN NORMATIVO DO CONCELLO DE NARÓN PARA 2023
A Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa calidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico;
en tanto o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte.
En cumprimento desa normativa e das previsións establecidas nas directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, o Pleno municipal de Narón principiaba dende o 2018 a tramitación dos seus Plans normativos para os exercicios seguintes, que incluía as previsións de actualización / ou nova redacción de diversos regulamentos e ordenanzas en varios sectores da actividade pública.
O obxectivo estratéxico destes Plans o constitúe a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigorosas, claras e útiles, sen perder de vista a estrita suxeición e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática.
Neste intre procede dar cabal continuidade á tarefa iniciada e someter a aprobación plenaria, o documento comprensivo do Plan normativo para o vindeiro exercicio de 2023, no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, nese período temporal; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía municipal.
Polo exposto, e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou conveniencia de aprobar novas disposicións ou modificar as normas vixentes, requiriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante.
Á vista do anterior o Pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o 24 de novembro de 2022, acordou o seguinte:
PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2023, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación das seguintes normas xurídicas ou a modificación das actualmente en vigor:
REGULAMENTOS E ORDENANZAS |
A.- Departamento de RECURSOS HUMANOS
Con esta actuación preténdese a modificación puntual de diversos artigos dese regulamento aprobado o 31 de outubro de 2019, coa finalidade de adaptalos á lexislación aprobada nos anos 2020 e 2021, en materia de nomeamentos interinos e contratos temporais nas Administracións Públicas.
B.- Departamento de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
INICIATIVA: ORDENANZA DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN
A normalización lingüística é un proceso social que procura o incremento do uso e do prestixio dunha lingua minorizada en todos os ámbitos da sociedade, no caso de Galicia, do galego. Procura a recuperación de todas as funcións e dereitos dunha lingua, para que poida ser o medio “normal” e habitual de expresión social dos membros da comunidade.
A normalización lingüística é un proceso social participativo que, ou é protagonizado pola propia sociedade que se implica nun proceso de cambio, ou non se consegue, e as administracións públicas teñen a obriga e responsabilidade de apoiar e promover ese proceso.
Para implicar á sociedade nese proceso de cambio, o Concello de Narón adoptou unha política lingüística activa na promoción do uso da lingua galega na que destacan as seguintes medidas fundamentais: creación dun servizo de normalización lingüística que ten como misión darlle soporte técnico ao proceso de extensión do uso e da normalización do galego en todos os ámbitos e sectores do termo municipal, non só no seo da propia administración; cumprimento dos mandados da lexislación vixente en materia lingüística na Administración local; ou a colaboración con outras entidades en materia de normalización lingüística, como son os proxectos colaborativos con outras administracións locais Apego e Club de Debate, a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ou a creación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) xunto con outras entidades locais.
Pero o Concello de Narón aínda non conta cunha disposición normativa que recolla e regule o uso social do idioma atendendo a todos os ámbitos da vida municipal, non conta cunha ordenanza de normalización lingüística que aprobe unhas liñas de actuación co fin de incorporar o galego en todos os ámbitos da vida municipal e impulsar a normalización do seu uso no conxunto da sociedade.
Ademais, no marco da planificación do III Plan de igualdade de Narón, xurdiu a conveniencia de incluír como unha acción do plan a introdución dunha epígrafe na Ordenanza de normalización lingüística que desenvolva unhas liñas de estilo ou pautas para usar unha linguaxe inclusiva na comunicación interna e externa do Concello de Narón.
Esta ordenanza ten por obxecto regular o uso do galego no Concello de Narón no que respecta ao uso oficial e aos dereitos lingüísticos, atención ao público, documentación e actuación administrativa, publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas, relación con outras administracións e coas empresas privadas, toponimia, etc.
C.- Departamento de Planificación e desenvolvemento local
INICIATIVA: MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE DO CONCELLO DE NARON
A finalidade perseguida coa modificación desa normativa radica na modificación e actualización dunha previa regulación aprobada polo Pleno municipal o 30 de outubro de 2008 – BOP nº 43, do 21 de febreiro de 2009-, resultando necesaria a súa adaptación á Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, ao Real Decreto 199/2010, do 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venda ambulante e non sedentaria, ao Decreto 118/2012, do 20 de abril polo que se regula o Rexistro galego de comercio e ao Decreto 125/2014, do 4 de setembro polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios dende as explotacións ata o consumidor final.
Así mesmo faise constar a previsión da aprobación da modificación de diversas ordenanzas fiscais para 2023, excluídas deste Plan.
SEGUNDO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017.
TERCEIRO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.
2º.- ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL PLAN NORMATIVO 2023
ORDENANZA DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE DO CONCELLO DE NARON
3º.- ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA PLAN NORMATIVO 2023
ORDENANZA DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE DO CONCELLO DE NARON
Areas temáticas