Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

Outras disposicións

Outras disposicións

 

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA PXOM DE NARÓN

APROBACIÓN INICIAL

O Pleno municipal do Concello de Narón na sesión celebrada o 9 de xullo de 2024, aprobou, por unanimidade dos seus membros, a AMPLIACIÓN POR PRAZO DUN MES Do PERÍODO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL.

Publicado no Diario Oficial de Galicia nº 136 de data 15 de xullo de 2024, anuncio desta ampliación temporal, fanse públicas as seguintes cuestións: Ver anuncio

Atención presencial ao público

Realizarase na terceira planta do Concello SEMPRE CON CITA PREVIA:

SOLICITUDE DE CITA PREVIA 

·        Nos teléfonos:

o   981337700 (extensións 1602 e 1610) 

o   671013023

o   607461154

e no seguinte enderezo electrónico:  edificabilidade@naron.gal.

Será imprescindible acudir coas referencias catastrais das parcelas obxecto de consulta no horario de mañá ou tarde fixado na cita previa que se comunique. 

Presentación de alegacións

Os suxeitos obrigados a relacionarse electrónicamente coa administración de acordo co previsto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, deberán realizar este trámite a través da sede electrónica:

n  Enlace ao trámite de alegacións da sede electrónica do Concello de Narón.

n  Modelo de alegación para descargar.

De acordo co establecido no artigo 30, apartados 4 e 5 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, os prazos computados en meses conclúen o mesmo día no que tivo lugar a publicación do acto no mes de vencemento, e cando o derradeiro día do prazo sexa inhábil. entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, polo que o último día para a presentación de alegacións é o 16 de agosto de 2024 

 

________________________________

PXOM DE NARÓN- EXPOSICIÓN PÚBLICA

APROBACIÓN INICIAL

O 25 de abril de 2024 o Concello Pleno aprobou inicialmente o novo Plan Xeral de Ordenación municipal de Narón (DAI-2023), datado en outubro de 2023, asinado por Alfredo Garrote Pazos, director do equipo redactor ARQYUR S.C.

O documento estará a exposición pública durante un período de dous meses que se inician a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no diario La Voz de Galicia, isto é o 16 de maio de 2024.

Ø     - Certificado do acordo do Concello Pleno de Narón, de data 25-04-2024 

 

Ø     - Anuncio de información pública da aprobación inicial do documento de revisión do PXOM, publicado no DOGA nº 94, de 15 de maio de 2024

 

Atención presencial ao público

 (VÁLIDO ATA O 15 DE XULLO DE 2024)

Realizarase no terceiro andar do Concello co seguinte horario:

Ø  -- Os luns, martes, xoves e venres sen cita previa poderá consultar o documento con funcionarios municipais en horario de 10 a 13.30 horas.

 

Ø   - O mércores atenderá con cita previa o equipo redactor en horario de 10 a 13.30 h e de 15.30 a 18.30 horas; e os lunes e venres de 15.30 a 18.30 horas. 

Solicitude de cita previa:

- No teléfono 981337700 (ext. 1602 e 1610) e no seguinte enderezo electrónico:  edificabilidade@naron.gal.

Será imprescindible acudir coas referencias catastrais das parcelas obxecto de consulta.

 

Exposición do documento polas parroquias e barrios

Todas as reunións comezarán as 19.00 horas e terán lugar nos locais  que de seguido se citan. Estas reunións son de carácter Informativo xeral. As preguntas individuais sobre parcelas concretas serán atendidas no Concello no horario preestablecido aos efectos.

 

Luns 20 de maio - Castro (Local social de O Paraxe).

Mércores 22 de maio - A Gándara (Local social)

Venres 24 de maio - Pedroso (Centro Cívico-Social)

Luns 27 de maio - Freixeiro (Local Social "Virxe de Fátima")

Mércores 29 de maio - O Val (Centro cívico-social)

Luns 3 de xuño - Doso (Centro cívico-social)

Mércores 5 de xuño - Piñeiros (Centro cívico-social)

Venres 7 de xuño - San Mateo (Centro cívico-social)

Luns 10 de xuño - Santa Icía (Centro cívico-social)

Mércores 12 de xuño – San Xiao (Centro cívico-social)

Venres 14 de xuño - Xuvia (Local social)

Luns 17 de xuño - Sedes (Centro cívico-social)

Mércores 19 de xuño - O Couto (Centro cívico-social)

Venres 21 de xuño - O Alto do Castiñeiro (Centro cívico-social)

 

Presentación de alegacións

Os suxeitos obrigados a relacionarse electrónicamente coa administración consonte o previsto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, deberán realizar este trámite a través da sede electrónica:

Ø     - Enlace ao trámite de alegacións da sede electrónica do Concello de Narón.

 

Ø     - Modelo de alegación para descargar.

 

Consonte o establecido no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, os prazos computados en meses conclúen o mesmo día no que tivo lugar a publicación do acto, polo que o derradeiro día para a presentación de alegacións é o 15 de xullo de 2024.

 

Documentación do PXOM

O 10 de novembro de 2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o documento de alcance que se pode descargar no seguinte enlace

 O Concello Pleno de Narón en sesión de data 25 de abril de 2024 aprobou inicialmente o novo Plan Xeral de Ordenación municipal que contén os seguintes documentos:

Ø   Documentación PGOM-Aprobación inicial

 

Visor de planimetría do PXOM

 

Ø      XEOPORTAL (pinchar aquí)