PLAN NORMATIVO 2020 Plan normativo do Concello de Narón para o ano 2020
Publicado por ADPFC
1º.- OBXECTO:
En virtude do disposto no artigo 132 da LPACAP e na Directriz nº 4 da Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no Concello de Narón, faise público o Plan normativo do Concello de Narón para o exercicio de 2020 aprobado polo Pleno municipal na sesión celebrada o día 31 de outubro de 2019.
PLAN NORMATIVO DEL AYUNTAMIENTO DE NARÓN PARA 2020
PLAN NORMATIVO DO CONCELLO DE NARÓN PARA 2020
A Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa calidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico;
en tanto o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte.
En cumprimento desa normativa de das previsións establecidas nas directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, o Pleno municipal de Narón, nos anos 2017 e 2018, principiaba a tramitación dos seus Plans normativos para os exercicios seguintes, que incluía as previsións de actualización / ou nova redacción de diversos regulamentos e ordenanzas en varios sectores da actividade pública.
O obxectivo estratéxico destes Plans o constitúe a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigorosas, claras e útiles, sen perder de vista a estrita suxeición e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática.
Neste intre procede dar cabal continuidade á tarefa iniciada e someter a aprobación plenaria antes do 31 de outubro deste ano, o documento comprensivo do Plan normativo para o vindeiro exercicio de 2020, no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, nese período temporal; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía municipal.
Polo exposto, e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou conveniencia de aprobar novas disposicións ou modificar as normas vixentes, requiriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante.
Á vista do anterior o Pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o 31 de outubro de 2019, acordou o seguinte:
PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2020, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación das seguintes normas xurídicas ou a modificación das actualmente en vigor:
ORDENANZAS E REGULAMENTOS |
A.- Departamento de Socio comunitario.
o INICIATIVA: Regulamento dos Centros Comunitarios Integrados “Manuela Pérez Sequeiros” e “Casas da Mariña” do Concello de Narón
A normativa actual cuxa modificación se pretende foi aprobada polo Concello Pleno o día 25 de febreiro de 2010 visada polo Servizo de Inspección de Servizos comunitarios e inclusión social da Xunta de Galicia. O regulamento do Centro de Día debe ser obxecto de regulación independente por cambio da normativa autonómica nas competencias sobre centros comunitarios. O Concello de Narón iniciou os trámites para o contrato de concesión do servizo de xestión, organización e funcionamento do Centros Comunitarios Integrados “Manuela Pérez Sequeiros – Centro de día” e “Casas da Mariña” e faise necesario a modificación da normativa actual para a súa adaptación ás novas necesidades.
B.- Departamento de Socio comunitario.
o INICIATIVA: Regulamento do Centro de Día
A normativa actual cuxa modificación se pretende foi aprobada polo Concello Pleno o día 25 de febreiro de 2010 visada polo Servizo de Inspección de Servizos comunitarios e inclusión social da Xunta de Galicia. O regulamento do Centro de Día debe ser obxecto de regulación independente por cambio da normativa autonómica nas competencias sobre centros comunitarios. O Concello de Narón iniciou os trámites para o contrato de concesión do servizo de xestión, organización e funcionamento do Centros Comunitarios Integrados “Manuela Pérez Sequeiros – Centro de día” e “Casas da Mariña” e faise necesario a modificación da normativa actual para a súa adaptación ás novas necesidades.
C.- Departamento da Policía Local
O Concello Pleno, na sesión ordinaria de data 31 de xullo de 2008, aprobou definitivamente a Ordenanza de Vaos do Concello de Narón, publicándose o seu texto íntegro no BOP nº 190, do 19 de agosto de 2008. Posteriormente esta norma, nos exercicios de 2001, 2016 e 2017 experimentou sucesivas modificacións que aconsellan a harmonización do seu texto e a incorporación, no seu caso, de situacións fácticas e solucións demandadas pola cidadanía.
D.- Departamento da Policía Local
o INICIATIVA: Ordenanza Xeral Municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
No Boletín oficial da provincia nº 187 do 29 de setembro de 2010, publicábase a Ordenanza citada Dende o ano 2010 o Regulamento Xeral de Circulación sufriu diversas modificacións que afectan ao contido desta ordenanza que é necesario actualizar, así como é necesario introducir algún título que regule as pautas establecidas pola Dirección Xeral de Trafico na Instrución 16/V-124 de 3 de novembro de 2016, en relación cos peóns, ciclistas e vehículos de mobilidade persoal, debido a la irrupción do patinete eléctrico no ámbito urbano e diversos cambios lexislativos que afectan a ciclistas.
Así mesmo faise constar a previsión (xunto coa aprobación das ordenanzas fiscais para 2020) da aprobación de diversas modificacións puntuais - corrección de erros e de estilo; axuste de contías; carácter facultativo da reformulación de solicitudes - na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Narón, que, de acordo co sinalado no apartado 2.2. das directrices aprobadas o 29 de xuño de 2017, queda excluída do plan anual e do trámite da consulta pública previa, por tratarse dunha iniciativa de carácter organizativo y afectación moi parcial da normativa actualmente en vigor.
SEGUNDO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017.
TERCEIRO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.
2º.- ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL PLAN NORMATIVO 2020
Ordenanza Xeral Municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
3º.- ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA PLAN NORMATIVO 2020
Regulamento dos Centros Comunitarios Integrados “Manuela Pérez Sequeiros” e “Casas da Mariña” del Ayuntamiento de Narón.
Regulamento do Centro de Día.
Ordenanza reguladora da expedición de licencias de vao e de reservas da vía pública para aparcamento esclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Ordenanza Xeral Municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
Areas temáticas