Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Acepto | Más información

PLAN NORMATIVO MUNICIPAL 2018 Plan normativo do Concello de Narón de 2018

Publicado por ADPFC

1º.- OBXECTO:

En virtude do disposto no artigo 132 da LPACAP e na Directriz nº 4 da Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal no concello de Narón, faise público o Plan normativo do Concello de Narón para o exercicio de 2018 aprobado polo Pleno municipal na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2017.

PLAN NORMATIVO DO CONCELLO DE NARÓN PARA 2018

 

A Lei de Bases de Réxime local, no seu artigo 4.1 recoñece aos municipios – na súa cualidade de administracións públicas de carácter territorial- a potestade regulamentaria, isto é a facultade de elaborar e aprobar disposicións xurídicas de carácter xeral que implican a innovación do ordenamento xurídico. Tal potestade non é senón unha manifestación da propia autonomía local recoñecida na normativa europea e na propia Constitución Española de 1978, que habilitan aos entes locais territoriais a ordear e xestionar boa parte dos asuntos públicos que atañen aos seus habitantes.

 Tradicionalmente, no noso dereito positivo, a potestade normativa municipal plásmase na aprobación de ordenanzas, regulamentos e bandos, cuxa particular definición e alcance recóllese nos manuais doctrinais ao uso, residenciando xeralmente, aos efectos que nos ocupan, os contidos regulamentadores das relacións externas (actividades da veciñanza e particulares) nas ordenanzas; e a regulamentación dos propios servizos e órganos municipais nos denominados regulamentos.

 Pola súa banda, o Título VI da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aborda a potestade normativa das entidades públicas, recollendo os principios aos que ten que axustarse no seu exercicio a administración titular, e facer así efectivos os dereitos constitucionais nese ámbito, apostando pola mellora da planificación normativa ex ante – a fin de lograr unha superior seguridade xurídica e a predictibilidade do ordenamento xurídico– mediante a divulgación dun plan anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas para a súa aprobación o exercicio seguinte.

Así o artigo 132 dese texto legal – Planificación normativa - dispón:

1. Anualmente, las Administraciones Públicas harán público un Plan Normativo que contendrá las iniciativas legales o reglamentarias que vayan a ser elevadas para su aprobación en el año siguiente.

2. Una vez aprobado, el Plan Anual Normativo se publicará en el Portal de la Transparencia de la Administración Pública correspondiente.

 A nivel local, o Pleno municipal do Concello de Narón, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2017, prestou aprobación ás directrices sobre a planificación, revisión e procedemento de elaboración das ordenanzas e regulamentos municipais neste consistorio, entendidas de acordo coa normativa de réxime xurídico, como pautas ou instruccións para a consecución dun fin, sendo publicadas no Boletín Oficial da provincia nº 127, do 6 de xullo de 2017 e surtindo efectos a partires dun mes despóis.

As devanditas directrices contemplan a aprobación dun Plan normativo anual no que se recollerán as propostas regulamentarias que vaian a ser elevadas ou estea previsto elevar, para a súa aprobación, o exercicio seguinte, sempre que se trate de iniciativas distintas a ordenanzas e regulamentos municipais de carácter orzamentario ou organizativo que afecten únicamente a aspectos internos da organización administrativa; sendo competente para a súa impulsión a alcaldía, prevíndose a súa elevación posterior ao pleno municipal para a súa toma en consideración antes do 31 de outubro de cada ano natural, e a súa posterior publicación no portal municipal de transparencia.

Constitúe obxectivo estratéxico deste Plan a posta en valor da normativa municipal entendida como un instrumento de participación cidadá, de modernización da propia administración, o seu persoal e os servizos a prestar á veciñanza; e acadar disposicións rigurosas, claras e útiles, sen peder de vista a estricta suxección e a necesaria coherencia que debe guiar a potestade normativa municipal, respecto da promulgada polas demais administracións territoriais; en tanto resultarán obxectivos operativos a promoción da adecuación das normas municipais á lexislación vixente baixo o prisma da simplificación, modernización e racionalización das mesmas; e o logro dun superior coñecemento e comprensión desas disposicións normativas que deben guiar a nosa convivencia democrática. 

Cabe salientar neste punto que a alcaldía do Concello de Narón prestou aprobación o 1 de decembro de 2016, a un inventario de procedementos administrativos municipais, electrónicos e modelos normalizados, aparecendo así publicados na sede electrónica desta entidade, na que se recollen os datos xerais, a normativa, a documentación e os canles de tramitación, sen prexuízo da necesaria adaptación da totalidade dos mesmos á normativa procedimental de aplicación. Así mesmo na web de transparencia municipal e dentro da categoría denominada “Normativa” aparecen particularizadas as normas de aplicación xeral e destacada á nosa entidade; as relativas ás áreas de urbanismo e medio ambiente; así como un índice ordenado por categorías e orde cronolóxico de aprobación, dos regulamentos municipais e das ordenanzas, incluídas as de carácter fiscal, poidendo acceder ao seu concreto e actualizado contido e publicación nos diarios oficiais, a través dos correspondentes hipervínculos creados.

No acervo normativo comentado obsérvanse normas de moi recente aprobación e mesmo disposicións regulamentarias de maior antigüidade que demandan a súa revisión a fin de adaptalas á normativa estatal ou galega en vigor. Por iso e coa pretensión de seguir un proceso estruturado de análise da necesidade ou convenencia de aprobar ou modificar as normas vixentes requeriuse aos distintos departamentos municipais e aos seus delegados, a remisión das iniciativas normativas que se estimase preciso acadar no exercicio entrante.

Á vista do anterior o Pleno nunicipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o 24 de outubro de 2017, acordou o seguinte:

PRIMEIRO.- Prestar aprobación ao Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio de 2018, no que se prevé a elaboración e posterior tramitación e aprobación das seguintes normas xurídicas ou a modificación das actualmente en vigor:

 

ORDENANZAS E REGULAMENTOS

A.- Departamento de Medio Ambiente

Preténdese a modificación da regulación actual, dado o tempo transcorrido dende a aprobación da ordenanza municipal en vigor (28 de abril de 2000 -BOP nº 126, do 3 de xuño de 2000-).

A regulación vixente foi aprobada polo Pleno municipal o 29 de setembro de 2002 – BOP nº 3 do 4 de xaneiro de 2003, resultando necesaria a súa adaptación á Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

B.- Departamentos de Urbanismo – Policía

Por acordo plenario do 27 de outubro de 2016, acordouse instar ao Goberno municipal a estudiar a elaboración dunha ordenanza para a regulación de soportes publicitarios tanto en chan de titularidade municipal (incluíndo o interior de instalacións públicas como as instalacións deportivas) como en chan de titularidade privada de acordo aos modelos, localizacións e características que se establezan. Tras o estudo por varios departamentos municipais de diversos modelos normativos vixentes noutros municipios estímase procedente iniciar a tramitación do procedemento de elaboración e aprobación desa norma con observancia das directrices municipais.

C.- Departamento de Servicio Sociocomunitario

Trátase da aprobación ex novo dun regulamento que prevea o réxime de utilización desta instalación municipal.

Neste suposto a normativa actual cuxa modificación se pretende foi aprobada inicialmente, na sesión plenaria celebrada o día 26 de marzo de 2009, e publicada no BOP nº 243, do 2 de novembro de 2009.

SEGUNDO.- De acordo co sinalado no apartado 2.2. das directrices aprobadas o 29 de xuño de 2017, quedan excluídas do plan anual e do trámite da consulta pública previa as iniciativas para a aprobación de ordenanzas e regulamentos municipais de carácter orzamentario ou organizativo que afecten únicamente a aspectos internos da organización administrativa. Non obstante o anterior e a efectos informativos, xuntamente coa aprobación das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercizo, se fai pública a intención municipal de prestar aprobación aos seguintes documentos normativos:

 

Departamento de Urbanismo

  • INICIATIVA: ORDENANZA REGULADORA DA INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA NOS ACTOS DO USO DO SOLO E SUBSOLO E NO EXERCICIO DE ACTIVIDADES E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS.

 

  • INICIATIVA: ORDENANZA REGULADORA DA CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DOS INMOBLES, REXENERACIÓN OU RENOVACIÓN URBANAS, MELLORA DA ACCESIBILIDADE E DO INFORME DE EVALUACIÓN DE EDIFICIOS.

A redacción das devanditas ordenanzas, imposta ou recomendada por disposicións estatais e autonómicas de rango superior, se atopa iniciada co anterioridade á virtualidade das directrices sinaladas, sen prexuízo da exposición pública que das mesmas se efectúe en cumprimento da lexislación de réxime local.

Departamento de Gabinete da Alcaldía

  • INICIATIVA: REGULAMENTO DE PROTOCOLO E DISTINCIÓNS HONORÍFICAS DO CONCELLO DE NARÓN

Trátase de refundir os acordos plenarios adoptados no ano dos mil ún, quedando excluída esta norma do Plan normativo e do trámite da consulta pública previa á iniciativa, polo seu carácter exclusivamente organizativo que atañe únicamente a aspectos internos da entidade.

TERCEIRO.- Ordenar á publicación deste acordo na web municipal de transparencia e proseguir cos trámites contemplados nas directrices aprobadas polo Pleno municipal de data 29 de xullo de 2017, respecto dos proxectos normativos cuxa redacción non se ten iniciada e nos termos sinalados no apartado primeiro.

 CUARTO.- Autorizar á alcaldía-presidencia para a realización e execución de cantos trámites precisos resulten para a efectividade destes acordos.

 2º.- ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL PLAN NORMATIVO 2018

 

 

3º.- ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA PLAN NORMATIVO 2018

Areas temáticas